18 octubre 2016

Fe de Erros (19) / O politicamente incorrecto

Ter palabra, ser solidario, crítico e autocrítico, eses piares básicos para meus pais, son hoxe conceptos politicamente (socialmente) incorrectos.

27 febrero 2016

Zombis a esgalla

Zombis no meu Peto (Zombie in my Pocket -ZimP-) é o exitoso xogo gratuito de Jeremiah Lee. En principio está deseñado a modo de solitario (aínda que hai Escenarios especiais que permiten xogar a dous). E o mellor de todo é que só tes que imprimilo e... ¡listo!

Duración de cada partida: entre 5 e 20 minutos.

Pero entón, ¿que podemos aportar para lanzármonos neste 2016 a facer una reedición do xogo?
  • Novo deseño da portada.
  • Novo deseño e contido das Cartas de Evento:
    • Novos textos adaptados para que resulte máis doado xogar a outros Escenarios.
  • Novo deseño das Fichas:
    • Novas iconas.
    • Novas fichas: Cerebros para contabilizar a Cordura; unha Pá necesaria nun dos Escenarios.
    • Novas traseiras que permiten facer fichas dobres (Personaxe Humano/Zombi; Caixas de Subministros e Alimentos)
  • Revisión e adaptación de tódalas traduccións ao castelán para esta versión (inclúe o Manual Básico e mailos 5 Libros de Escenarios)
  • Un escenario inédito no Libro de Escenarios III por Manuel Macou (A Noite da Vingaza Zombi).
Contido deste PDF: 1 Manual; 5 Libros de Escenarios; 9 Cartas de Evento (Frontais e Traseiras); Losetas e Fichas (Frontais e Traseiras); 1 Caixa personalizada.


Créditos:
Deseñador do xogo: Jeremiah Lee (dadidea@gmail.com)
Deseño gráfico e maquetación orixinal: Kwanchai Moriya (kwanchaimoriya@gmail.com)
Deseño desta edición: Teatro Scaenae (muldr.silencio@gmail.com)
Tradución orixinal do Manual: Fran F. G. (http://tetocajugar.blogspot.com)
Tradución orixinal de cartas e losetas: mrKaf (http://www.boargamegeek.com/user/mrkaf)
Revisión das traducións: MulDR de Melk (muldr.flanagan@gmail.com)
Material extra: Eduardo Hernández (http://www.casadeedu.com).

22 febrero 2016

Fe de Erros (18) / Arre-Só

Tres hurras polos políticos que defenden con orgullo, indignación e vergoña a incuestionable inocencia da súa propia formación política podre de corrupción. Arre burra! Sóóó burra! Arre-sóóó! Non che mandan? Es ben burra, carallo!!

10 enero 2016

Rol para nenos

Ultimamente recuperei o gusto polo rol da man dos meus pequenos. Todo empezou coa lectura de Magissa, Juego de Rol para niños, creado por Edanna.

Un sistema de xogo moi intuitivo que permite combinar con gran facilidade as partes narrativas con aquelas outras de acción pura e dura con dados. E todo isto sen que os nenos teñan que saber ecuacións de segundo grao para logralo. Se saben os números do 1 ao 6, saben xogar a Magissa.

Con esta premisa, decidinme a adaptar este sistema a unha ambientación que lles fose familiar aos meus pequenos: os debuxos animados. Centreime concretamente en Bob Esponja e o seu Fondo de Bikini.

O resultado teño que dicir que foi do máis satisfactorio. Xa levamos dúas partidas e todo apunta a que caerán moitas máis.

Comparto con vós o Manual Básico do Absurdo e Refrescante Xogo de Rol e agardo que, grazas a el, poidades introducir aos vosos cativos no fantástico mundo do rol. Calquera comentario será ben recibido.