31 diciembre 2011

Obituario de asuntos pasados

Ampliar para ver as miñas estrelas frikis
Este foi o ano no que Aurora se levantou e andivo; da chegada de Sexyboy (mátasme con eses ollos! vamos queimar Vigo xuntos meu!!!); o ano da familia emigrada en terras alleas; da calma chicha en Cerceda; dos cambios nos máis cativos da casa; dos proxectos que se farán o vindeiro ano; dos amigos conservados e os novos atopados; das crises existenciais varias; do desprendimento parcial de retina; da Terbutalina; Klaus & Kinski; El Árbol de la Vida; Juego de Tronos; American Horror Story; e esa tenda tan chusquiña de comics en Santiago de Compostela.

O vindeiro ano é unha páxina en branco e preciso da vosa axuda para escribir unha boa historia! Boa entrada no 2012!!!

4 comentarios:

Marta dijo...

Das mellores cousas do ano foi atoparte, (eu tamén debo ter unha flor aínda que cativa), gardame non unha folla, senón un capitulo enteiro que penso dar moita guerra ainda!!
Miles de bicos varios.

(por certo, és un artista ainda facendo frikismos :p)

Manuel Macou dijo...

Espero que o teu capítulo cheire a café recén feito e non sexa un aburrido tratado sobre a vida do gorrión en Labañou. Jajajaja

Por certo, sabes que chegaches á cima porque o Celta non gañou en Riazor. Pero o ano que ven vas ter que esforzarte moito porque vamos a meterlle unha boa chosca ao Depor na casa.

Ains! Que grande é a xente que é grande. MMMMMMMMMMMuaks!

Capitán Latinoamérica dijo...

Os máis pequenos da casa crecerán crendo que eses árbores de nadal son os normáis.
Iso sí que son unhas navidades e non as caralladas coas que andamos os demáis!!

Os meus mellores desexos no persoal e no laboral para ti e para toda a familia

Manuel Macou dijo...

Dan choio pero molan moito as estrelas. E quedáronme por facer C3PO, R2D2... Teño as plantillas de todos. Para o vindeiro ano caen XDDD

Moitos bicos e sorte tamén para ti en TODO (que ben o mereces).