Cámara de Tortura China de Houdini
Estes figuras sacaron unha nova mellora de visualización (?) para o Blogger, pero a posibilidade de configuralo en galego segue a resultarlles un complexo xogo de escapismo de Harry Houdini. A ver se temos sorte e nun dos espectáculos afogan na piscina idiomática, amarrados ás cadeas da súa indiferencia. Xa o botei... Arreóh!
2 comentarios:
Soñar disque ainda segue sendo de balde :)
A ver se somos quen de soñar en catalán, que eles si teñen opción de idioma grazas ao señor Blogger.
Biquiños Stoptime Woman
Publicar un comentario