15 marzo 2011

Caídos

En tódalas guerras, tamén na que nos mete de cabeza nunha curtametraxe, van caendo pezas (moitas delas vitais) como danos colaterais do propio proceso.

Durante a gravación de Aurora, un dos momentos máis dolorosos foi aceptar que tiñamos que aparcar esta secuencia, unha das preferidas da miña irmá (tamén das miñas), por mor dun nefasto erro de planificación.

"Pico" non chegaría a darlle vida ao noso entrañable Gaspar. Nin que dicir ten que ao tempo que defraudamos a un grande como Xosé Manuel Olveira "Pico", defraudámonos a nós mesmos, quedando como verdadeiros afeccionados xogando a un xogo que nos viña grande.

Síntoo por "Pico", por Aurora, por min mesmo e tamén polo verdadeiro Gaspar. Por iso, agora que a curta xa ten pé e medio no chan, vexo importante compartir este fragmento* da historia que non veremos en imaxes:

___________________

* Respéctanse neste fragmento os idiomas utilizados no orixinal.

2 comentarios:

anabang dijo...

Encántame, voume imaxinando todo como se fose real e eu estivese na escaleira tamén :)

Manuel Macou dijo...

Está ben que, xa que fomos tan cafres de deixar escapar esta secuencia, polo menos teñades a oportunidade de imaxinala.

Graciñas corazón. Desta semana non pasa. Temos curta!!!! (estou tan "tan"...) É que pasaron dous anos eh? Naceu un curmán entre medias e todo :D