13 octubre 2010

Exitus en pantalla grande

Exitus, a nosa primeira curtametraxe, foi seleccionada para o ciclo Outubro Erotismo. Vaise proxectar en pantalla grande, coa entrada de balde e acompañando á inquedante Repulsión de Roman Polanski.

E por aló andaremos nós tamén. Contando as nosas batalliñas contra o tempo (se Aurora leva dous anos na sala de autopsias, Exitus pasou sete anos no tanatorio) e poñendo a cara por un fillo moi querido.

Data: 27 de Outubro
Lugar: Cine Dúplex (Ferrol)
Organiza: Axente Cultural.

2 comentarios:

Capitán Latinoamérica dijo...

Interesante... ainda que algo a desmán.

Manuel Macou dijo...

Máis que interesante, porque non creo que teña moitas oportunidades para ver traballos propios en pantalla grande.

Afectos varios Capitán