28 junio 2008

A unha secuencia

Secuencia de Dalí da película Recuerda

Onte foi un bo día. Conseguín por fin animar aos nosos personaxes para que entrasen no coche. Estaban atenazados polo medo. Finalmente puiden facerlles ver que soamente avanzando poderían vivir situacións que, esperemos, vos resulten emocionantes e divertidas. E entraron no xogo. Fixeron un bo traballo, a verdade. Estou moi contento con eles. E alédome dobremente da súa decisión, porque as molestias gástricas xa apareceran a principios de semana, e iso soamente significaba unha cousa: algo non marchaba como eu quería.

Tra-la última secuencia, esa que temo escribir, agóchase o peche dunha historia que dende o primeiro momento se me mostrou personal e vitalista (sinceira). Se cadra, en todo este optimismo que rodea ao guión, algo ten que ver a miña filla.

Aínda non a gravamos e xa a soñei unhas cantas ducias de veces a historia. E iso é bo. Porque sei perfectamente o aspecto que terá se facemos unha boa pre-produción.

Agora soamente falta esa secuencia e ter sorte co reparto. O resto... O resto non estará soamente nas nosas mans, senón nas vosas. Aínda queda un pouco, xa se verá o que pasa.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Oiga, ¿de qué va eso? ¿Es aquella historia en la que le destrozaban la cara a un pobre fulano a escopetazos?

Bueno, a ver si quedamos. Un día de esta semana en concreto. Y hablamos de un cierto asunto pendiente. De un tipo que cae como un jurelo; en concreto.

Anónimo dijo...

Por cierto.

Que he visto tu engendro, lo del actor que es Leo, y me ha parecido cachondo, excepto el fondo aquel con las estanterías, que vaya cante. Y lo del león, tampoco me ha convencido. Ni los créditos de maquinillo. Pero me moló el rollo estanislasqui. Y ha reavivado mi idea de comprarme una cámara de turista y ponerme a hacer chorradas de un minuto.

¡Y soy ministro! He dicho.

Manuel Macou dijo...

Como dixo Jack o Destripador, vaiamos por partes ;P

1) Nada de fulanos coa cara destrozada. Esta é a curta na que quería preguntarche como resolver unha secuencia de chroma, lembras? Xa falaremos (durante esta semana precisamente).

2) XDDDDDD Sublimación! Miña naiciña (que non fuches)!!! Ao final será certo que teremos rematado Sublimación antes do Nadal? XDDDDD.

3) O de "Eu actor, Leo" non merece moito máis comentario. O certo é que non é máis que un "desvarío gravado". Nin sequera é unha curta. Pero recuperei ese vídeo e pareceume cachondo compartilo con vós. En canto aos crédtios... van acordes ao cutrelux que rodea á peza XDDDDDDDDDDD.

A ver se é certo e quedamos!!! Unha aperta tío (teño ganas de verte) Sinfun Sinfun Dubidubi Dú!